mércores, 16 de novembro de 2022

ALTER-NATIV@S 

O módulo de enriquecemento ALTER-NATIV@S é un espazo de convivencia e integración para o alumnado que amosa interese pola animación (especialmente polo anime), o cómic (especialmente polo manga), o cosplay e os videoxogos. A través de ALTER-NATIV@S participaremos en exposicións, certames, feiras e concursos internos e externos. As sesións céntranse nos seguintes ámbitos: • Banda deseñada • Anime • Cosplay (recreación de personaxes de banda deseñada, animación, películas e outros ámbitos culturais) • Vídeoxogos • Debuxo artístico • Cultura Audiovisual




luns, 6 de xuño de 2022

Visitas guiadas con ESTAMOS NA BIBLIO...

Dentro das actividades levadas a cabo para festexar o MES DO LIBRO E DAS LETRAS o alumnado do módulo de enriquecemento "ESTAMOS NA BIBLIO" convidou aos/ás compañeiros/as de 1º de PRIMARIA a coñecer a súa biblioteca, o seu funcionamento, as súas actividades... Ademais do TOUR, Uxía Chantada de 1º de ESO e membro do equipo da biblio contoulles un conto sobre unha ratiña que presume moito da súa libertade e independencia.
ALBUM DO FACEBOOK






MÓDULO DE ORATORIA E PEQUENOS ORADORES

 Este ano un grupo de dez alumn@s  da ESO e seis de cuarto de primaria, participaron no Módulo de enriquecemento  de oratoria, e asistiron a torneos de debate a nivel galego na Coruña: PARLAMENTO XOVE, V TORNEO DE DEBATE  ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG), para o alumnado da ESO e a I Edición do TORNEO ESCOLAR DE ORATORIA (TEO) para o alumnado de primaria. Pero... que  significou para nós esta experiencia?

 

Para saber máis en profundidade como foi esta aventura decidimos falar cos integrantes deste Módulo, formulándolles diferentes cuestións relativas ao aprendizaxe e as vivencias vividas nel.

 

Reunímonos con: Alicia, Zaida, Noel, Gabriel e Unai os integrantes do grupo de pequenos oradores,  de cuarto de primaria e contáronos que durante as súas andainas polo Torneo Escolar de Oratoria sentiron nervios, ataques de risa, e moita emoción. Sen embargo, isto non impediu que venceran a súa vergoña, e estaban moi contentos e orgullosos do seu traballo.

 A edición do debate ao que eles asistiron é un certame onde realizaban diferentes probas, por exemplo, Alicia tivo que recitar un discurso sobre Michel Obama e Zaida levar a cabo unha improvisación sobre o enfado.

Lembran o concurso como unha boa experiencia que queren repetir.

Con respecto ao grupo da ESO no que participaron: Alicia, Rodrigo, Amanda, Alba P, Tomás,Alba C, Candela, Camilo e Gonzalo, presentáronse a unha edición de debate mais formal no V Torneo de Debate Académico de Galicia, no que tiñan que defender a postura a favor ou en contra sobre a pregunta:”Deberíamos prohibir as RRSS aos  menores de idade?” que orixinou a mesma reacción en todos os integrantes, pensamos que ía ser unha cuestión difícil de defender ao igual que de atacar. A dificultade desta tarefa non era só o tema a discutir, senón a falta de experiencia da maioría deles, xa que nestes torneos, as palabras poden ser coitelos de dobre fío.

En Parlamento Xove participaron Camilo, Gonzalo, Marina e Lucía Cordeiro nunha intensa xornada en Culleredo. Tiveron que defender a postura a favor ou en contra sobre a pregunta: “Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?”

 

Cando lles preguntamos sobre a repercusión de oratoria nos alumnos houbo unha gran variedade de respostas: Camilo contounos que este experimento axudoulle a vocalizar e a falar alto e claro, a Alicia por exemplo isto fíxolle perder a vergoña a expresarse diante dun público. Pero, sen dúbida, no que tod@s coincidimos, é que o mellor foron as novas amizades que coñecemos nos diferentes encontros.. 

 

                        Rodrigo, Amanda, Alba, Alicia ( Alumnado de oratoria de 2º ESO)







UNESMUN 2022. Representando a CUBA.





 

XXIV Encontro Intenacional de Jovens Cientistas da UNESCO. MARZO 2022

 




"NETAS DE BRUXAS" 25 de NOVEMBRO

Co gallo do 25 N, o concello de Cangas, dentro do seu programa CANGAS EN NEGRO, convidounos, hoxe pola mañá, a achegar o noso proxecto aos distintos centros participantes neste acto institucional. O noso proxecto “artístico solidario reivindicativo” parte de idea de crear camisetas dándolle unha volta aos logotipos das marcas de moda máis coñecidas e significativas, xogando cos cualificativos despectivos cos que nos visten ás mulleres diariamente. Fomos quen de crear a nosa marca reivindicativa “NETAS DE BRUXAS”, un nome que rende homenaxe a todas as mulleres non entendidas, perseguidas, caladas, “ninguneadas” e asasinadas ao longo da historia. Por suposto, NETAS DE BRUXAS, ten un fin solidario. Os fondos recadados serán doados a ONGs locais que traballen por e para as vítimas da violencia contra as mulleres. Podedes facer os vosos encargos na biblioteca do colexio.
QUE É NETAS DE BRUXAS?




mércores, 6 de abril de 2022

ESTAMOS NA BILBIO... CON ANA ALONSO

Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París. Foi profesora de Secundaria e Bacharelato ata o ano 2006. Desde entón, dedícase exclusivamente á escritura.
Publicou oito poemarios baixo o nome de Ana Isabel Coello e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006), o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons o Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008).
Xunto con Javier Pelegrín, é coautora da serie de fantasía e ciencia ficción «A chave do tempo», publicada pola editorial Anaya.
En 2008 resultou galardoada co Premio Barco de Vapor pola novela O Secreto de If, escrita en coautoría con Javier Pelegrín. En 2011 a súa novela gráfica conxunta A cidade transparente foi galardoada cun premio White Raven na feira de Bolonia. Tamén recibiron recoñecementos por parte dos lectores, como o premio Amorno das Mil Puertas á mellor saga española para A chave do tempo.
Entres as súas series xuvenís, destacan a triloxía Tatuaxe (Editorial Viceversa), a triloxía Yinn (Editorial Anaya) e a serie Axencia Píntega (Editorial A Galera). Varias das súas obras traducíronse ou están a ser traducidas actualmente en Alemaña, Italia, Francia, Reino Unido, Holanda, Turquía, Xapón, Brasil e Corea.














COMO SE XOGA?

Traballando o TEXTO INSTRUCTIVO con xogos na biblioteca.
O alumnado de 5º de Primaria trasladou hoxe a clase de lingua á biblio para traballar esta tipoloxía textual de maneira práctica.