Este ano un grupo de dez alumn@s da ESO e seis de cuarto de primaria, participaron no Módulo de enriquecemento de oratoria, e asistiron a torneos de debate a nivel galego na Coruña: PARLAMENTO XOVE, V TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG), para o alumnado da ESO e a I Edición do TORNEO ESCOLAR DE ORATORIA (TEO) para o alumnado de primaria. Pero... que significou para nós esta experiencia?
Para saber máis en profundidade como foi esta aventura decidimos falar cos integrantes deste Módulo, formulándolles diferentes cuestións relativas ao aprendizaxe e as vivencias vividas nel.
Reunímonos con: Alicia, Zaida, Noel, Gabriel e Unai os integrantes do grupo de pequenos oradores, de cuarto de primaria e contáronos que durante as súas andainas polo Torneo Escolar de Oratoria sentiron nervios, ataques de risa, e moita emoción. Sen embargo, isto non impediu que venceran a súa vergoña, e estaban moi contentos e orgullosos do seu traballo.
A edición do debate ao que eles asistiron é un certame onde realizaban diferentes probas, por exemplo, Alicia tivo que recitar un discurso sobre Michel Obama e Zaida levar a cabo unha improvisación sobre o enfado.
Lembran o concurso como unha boa experiencia que queren repetir.
Con respecto ao grupo da ESO no que participaron: Alicia, Rodrigo, Amanda, Alba P, Tomás,Alba C, Candela, Camilo e Gonzalo, presentáronse a unha edición de debate mais formal no V Torneo de Debate Académico de Galicia, no que tiñan que defender a postura a favor ou en contra sobre a pregunta:”Deberíamos prohibir as RRSS aos menores de idade?” que orixinou a mesma reacción en todos os integrantes, pensamos que ía ser unha cuestión difícil de defender ao igual que de atacar. A dificultade desta tarefa non era só o tema a discutir, senón a falta de experiencia da maioría deles, xa que nestes torneos, as palabras poden ser coitelos de dobre fío.
En Parlamento Xove participaron Camilo, Gonzalo, Marina e Lucía Cordeiro nunha intensa xornada en Culleredo. Tiveron que defender a postura a favor ou en contra sobre a pregunta: “Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?”
Cando lles preguntamos sobre a repercusión de oratoria nos alumnos houbo unha gran variedade de respostas: Camilo contounos que este experimento axudoulle a vocalizar e a falar alto e claro, a Alicia por exemplo isto fíxolle perder a vergoña a expresarse diante dun público. Pero, sen dúbida, no que tod@s coincidimos, é que o mellor foron as novas amizades que coñecemos nos diferentes encontros..
Rodrigo, Amanda, Alba, Alicia ( Alumnado de oratoria de 2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario