Co gallo do 25 N, o concello de Cangas, dentro do seu programa CANGAS EN NEGRO, convidounos, hoxe pola mañá, a achegar o noso proxecto aos distintos centros participantes neste acto institucional. O noso proxecto “artístico solidario reivindicativo” parte de idea de crear camisetas dándolle unha volta aos logotipos das marcas de moda máis coñecidas e significativas, xogando cos cualificativos despectivos cos que nos visten ás mulleres diariamente. Fomos quen de crear a nosa marca reivindicativa “NETAS DE BRUXAS”, un nome que rende homenaxe a todas as mulleres non entendidas, perseguidas, caladas, “ninguneadas” e asasinadas ao longo da historia. Por suposto, NETAS DE BRUXAS, ten un fin solidario. Os fondos recadados serán doados a ONGs locais que traballen por e para as vítimas da violencia contra as mulleres. Podedes facer os vosos encargos na biblioteca do colexio.
QUE É NETAS DE BRUXAS?
QUE É NETAS DE BRUXAS?
Ningún comentario:
Publicar un comentario