Os contos son historias curtas con tres partes diferenciadas:
PRESENTACIÓN, NÓ e DESENLACE
PRESENTACIÓN
1º Elixiremos un TEMA. Deixade voar o voso maxín, calquera tema vale para escribir unha historia sorprendente.
2º Crearemos PERSONAXES.
Para empezar estaría ben tres, ainda que con cinco a historia sería máis potente.
3º Localizaremos a historia nun LUGAR determinado. (ONDE QUEiRADES)
NÓ
4º Buscamos un CONFLICTO entre os personaxes que debemos desenrolar nesta parte.
DESENLACE
5º SOLUCIÓN ao problema que desenrolamos no Nó.
Os contos poden ter partes narradas e tamén poden levar diálogos e descripcións dos personaxes, lugar…
Ningún comentario:
Publicar un comentario