
En
“O principiño”, un aviador –Saint-Exupéry- atópase perdido no deserto despois
de haber tido unha avaría no seu avión. Entón aparece un pequeno príncipe.
O
principiño vive nun pequeno planeta, o asteroide B 612, no que hai tres volcáns
e unha rosa. Pasa os seus días coidando do seu planeta, e quitando os rebentos
de baobab que constantemente tentan botar raíces alí. De permitirlles crecer,
as árbores partirían o seu planeta en anacos, polo desorbitado tamaño que
alcanzan.
Un
día, o principiño, decide abandonar o seu planeta, quizais cansado dos
reproches e reclamos da rosa, para explorar outros mundos. É así como visita
seis planetas, cada un deles habitado por un personaxe distinto: un rei, un
vaidoso, un bébedo, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo.
O
último personaxe que coñece, recoméndalle viaxar a un planeta específico, a
Terra, onde entre outras experiencias, acaba coñecendo ao aviador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario