martes, 19 de novembro de 2019

E nós tivemos a sorte de asistir


Carmen Pomar salienta o papel das bibliotecas escolares como ferramentas activas a prol da igualdade e inclusión nos centros


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional abriu a xornada “Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade” que reuníu a profesionais e docentes para intercambiar experiencias e ofrecer un mellor servizo á comunidade educativa.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, puxo en valor o importante papel que desempeñan as bibliotecas escolares como ferramentas activas a prol dunha maior igualdade, inclusión e atención á diversidade nos centros educativos na medida en que “dan cabida a todas e a todos, á discapacidade e ás altas capacidades, ao diverso en toda a súa gama de matices, cada quen cos seus ritmos, os seus intereses e as súas necesidades”.
Así o expresou con motivo da apertura da Xornada “Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na Diversidade” que congregou en Santiago a profesionais vinculados á docencia para compartir experiencias e coñecementos e debater e afondar na posta en marcha de novas iniciativas que reforcen o traballo das bibliotecas escolares dentro dos propios centros educativos. 
En palabras da conselleira, ademais de estar ao servizo da mellora das competencias clave do alumnado, as bibliotecas escolares “son o motor das escolas ao converterse en centro creativo das aprendizaxes; na ferramenta máis futurista, pero tamén a máis ancorada nos saberes elementais: a comunicación, oral, a comprensión lectora, a capacidade para expresarse a través da palabra, a colaboración e a convivencia”. 










Obradoiros e experiencias

Ademais de obradoiros e mesas de experiencias nas que participaron responsables de bibliotecas escolares de Galicia así como poñentes e expertos de fóra da Comunidade Autónoma, nesta xornada abordáronse outros temas, como a adaptación de textos de lectura fácil, os recursos tecnolóxicos na atención á diversidade, a accesibilidade ás bibliotecas ou o proxecto Lecturas no Canmiño de lectura apoiada con cans para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario